sábado, 8 de decembro de 2012

Do berce á rúa - Medra coa lingua

biberón Dámosvos a benvida á web da campaña Do berce á rúa, medra coa lingua! Con esta iniciativa queremos achegar os nosos parabéns ás persoas que agardan o nacemento dun neno ou dunha nena. Nós -pais, nais, amizades e persoas coidadoras- acompañaremos a súa aprendizaxe do mundo onde vai vivir. Ensinarémoslle as súas primeiras palabras e darémoslle a oportunidade de comunicarse con plenitude.
 
Falarlle galego representa unha vantaxe importante xa que vai mellorar a súa adquisición doutras linguas, algo moi necesario posto que vivimos nunha sociedade plurilingüe. A través do galego, crearemos un vínculo co seu territorio, a súa historia e a súa identidade cultural.
 
Mediante este material queremos ofrecervos unha axuda para iniciar este camiño cos nenos e as nenas que van encher as nosas casas, as nosas escolas infantís, os nosos parques e, por suposto, as nosas vidas.


Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.