xoves, 6 de decembro de 2012

Declaración universal dos Dereitos dos nenos a escoitar contos


1. Todo neno, sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os contos mais fermosos de todas as tradicións orais dos povos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.

2. Todo neno tene pleno dereito a esixir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día. Aqueles paies que sexan sorprendidos negándose a contar un conto a un neno, non só incorren nun grave delito de omisión culposa, senón que estanse a autocondenar a que os seus fillos xamais lles volvan pedir outro conto.

3. Todo neno que por unha ou outra razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este o faga con amor e tenrura, que é como se deben contar os contos.

4. Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado nos xeonllos dos seus avós. Aqueles que teñan vivos os seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que, por diversas razóns, non teñan avós que llos conten. Do mesmo modo, aqueles avós que carezan de netos están en liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil onde, con enteira liberdade, poderán contar cantos contos queiran.

5. Todo neno está no dereito de saber quen é José Martí, Hans Christian Andersen, Elena Fortún, Lewis Carroll, Elsa Bornemann, Carlo Collodi, Gloria Fuertes, María Elena Walsh, entre outros. As persoas adultas están na obriga de poñer ao alcance dos nenos todos os libros, contos e poemas deses autores.

6. Todo neno goza a plenitude do dereito a coñecer as fábulas, mitos e lendas da tradición oral do seu país.

7. O neno ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como modificar os xa existentes, creando a súa propia versión. Naqueles casos de nenos moi influídos pola televisión, os seus pais están na obriga de descontaminalos conducíndoos polos camiños da imaxinación da man dun bo libro de contos infantís.

8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou curtos, o único obrigatorio é que estes sexan fermosos e interesantes.

9. O neno sempre ten dereito a pedir outro conto, e tamén a pedir que lle conten un millón de veces o mesmo conto.

10. Todo neno, por último, ten dereito a crecer acompañado das aventuras de Alicia e o lobo, do "Tío Tigre e Tío Coello", daquel burrito que se chamaba Platero, do gato que tiña unhas botas de sete leguas, da cor rechamante colorada dos contos e do inmortal "Había unha vez... ", palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara aos sonos máis fermosos da nenez.

DECRÉTESE E PUBLÍQUESE
----------------
NOTA: Este manifesto, recopilado e adaptado pola Red Internacional de Cuentacuentos (RIC), circula de modo anónimo entre os contacontos latinoamericanos desde hai varias décadas. Apareceu publicado por primera vez en Venezuela nos anos 70 do século pasado, e existen múltiples variantes españolas, colombianas, cubanas, arxentinas e mexicanas. 

Fonte:

 Deixanos o teu comentario. 
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir. 
Grazas por participar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.