luns, 24 de decembro de 2012

Chrystyan Magic - LECTURA INFANTIL

Chrystyan Magic Atrapado na torre
Xoán Babarro/Ana María Fernández
Ilustracións de Marta Rivera Ferner

Col. Ler é Vivir. Serie Morada.
Everest Galicia. A Coruña, 2009
A partir de 10 anos

En Faronovo vive Chrystian e tamén Bosco, un ancián amigo dos rapaces e meigo, que ten un taller de monicreques. Como o rapaz tamén quere ser meigo sométeo á proba de atopar unha nova marioneta, Pindín, que acaba de facer e só se deixará atopar por aquel que a busque con ilusión e se deixe cativar polos saberes ocultos. Dille que está na Torre Vella, e nela terá que atopala el só na noite de san Xoán.

Alí, entre o medo e a escuridade do soto, ten que pasar probas terribles, porque o mago Malalín, un enorme pano negro con dous ollos, fai todo o posible para que fracase no seu intento e ata lle manda ao pirata Narilata, que converte os disfraces do baúl en soldados inmisericordes. Pero consegue saír airoso en compañía do coello Roger, que o mago convertera en ra, e coa marioneta Pin, dun metro de alto, que se move como unha persoa.

Recibe a axuda da Branca Señora, que é a dona das maxias, que lle envía a dúas Mans Apareadas e a unha sirena, Fadarnela, unha fermosa moza que obtén os seus poderes da auga do mar.

Esta libérao da cela na que o malvado encerrouno, aínda que logo ten que vencelo nun duelo que constitúe a súa proba decisiva para chegar a mago.

E aínda que Malalín adorméntao cos seus poderes, cando esperta atópase con Bosco e o amigo Ro, que o foron a rescatar. Todos os demais desapareceran.

Así, de volta na súa casa, leva un monicreque desgonzado e un amuleto brillante no que se reflicte o fermoso rostro da súa sirena
.

108 p. - 19x12 cm.
ISBN    978-84-403-1110-8


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.