xoves, 8 de novembro de 2012

Libros prohibidos: 7 casos de censura ridícula

Nestes días pasados celebróuse en Estados Unidos a Semana do Libro Prohibido, adicada dende fai trinta anos a promover un conxunto de obras que foron censuradas algunha vez. Aínda que o "Index librorum prohibitorum et expurgatorum" ou Índice de libros prohibidos da Igrexa Católica deixou de editarse na segunda mitade do século XX, hai un montón de títulos que, en diferentes culturas, foron obxecto de persecución.

A investigadora arxentina María Gabriela Mizraje aproveita a ocasión e arma un catálogo con obras censuradas por diferentes razóns, algunhas delas ridículas e incomprensibles. A impertinencia da censura, un concepto que daría non para un post senón para unha serie de artigos, é parente cercana do absurdo máis lamentable. É dicir, as descricións gráficas que atopamos en Lolita de Nabokov escandalizaron ás sociedades moralistas dos 50: na novela hai un erotismo penetrante que sucede entre un home de mediana idade e unha nena de 12 anos. A premisa paréceme do máis atractiva, o libro é unha referencia obrigada e teño claro que a ficción narrativa retrata ésa e moitas outras realidades, pero as mentes máis conservadoras o atoparon máis que inapropiado: o feito non me sorprende. 

Nembargantes, a censura hacia algúns títulos soamente pode calificarse de inverosímil. Qué hai da prohibición doutro tipo de libros, eses cuxos temas non teñen nada que ver co sexo nin drogas nin rock and roll? Para que vexan que o afán prohibitivo dalgúns non coñece límites, a continuación, 7 casos notables polo seu elevado nivel de ridiculez. Daránse conta de que o conxunto está formado por obras comúnmente asociadas coas leturas infantís e xuvenís. De paso, esta pequena lista serve para comprobar que a infancia, entre as carencias que carga consigo e a censura (particularmente en relación co que se le), é un período en que resulta difícil cultivar a intimidade: a lectura é un dos actos máis íntimos que existen.

1. "Diario" de Ana Frank
En 1983, o Comité encargado dos libros de texto en Alabama (EEUU), o considerou deprimente e o deixou fora das leturas apropiadas para os estudantes. E pensar que a moitos nenos os seguen obrigando a leelo na escola. Se me houberan prohibido ler libros deprimentes cando era nena… Creo que tería lído moi pouco. Ou nada. Encantábanme eses finais tráxicos capaces de provocarme sentimentos de impotencia. Xa ven, a xuventude.

2. "Oliver Twist" de Charles Dickens
A segunda novela do escritor inglés foi obxecto de protesta por parte dos pais de familia de Brooklyn, en 1949. A algúns mestres ocurréuselles incluir a obra nas súas clases de literatura e os inconformes consideraban que a historia de Oliver violaba o dereito dos seus fillos a recibir unha edu­cación laica. Para que vexan que hai extremos.

 
3. "Alicia en el país de las maravillas" de Lewis Carroll
No caso de Alicia, o escándalo ten que ver con especies e a suposta superioridade do ser humano. Na China de 1931, o libro foi prohibido baixo o argumento de que “os animais non poderían usar linguaxe humana, e é desastroso poñer animais e seres humanos ao mesmo nivel”.
 
 4. "Una luz en el ático" de Shel Silverstein
O libro, publicado en 1981, é unha coleción de poemas infantís ilustrados pola mesma autora. Algúns pais de familia xulgaron que era veneno puro para os seus fillos, especialmente polo poema “Cómo non ter que lavar os platos”, e ese outro “A pequena Abigaíl e o fermoso pony”, que describe a morte dunha nena despois de que os seus pais se negan a comprarlle un pony (qué diversión). Xa se imaxinarán o escándalo. Algúns acusaron á autora de fomentar a desobediencia, de impulsar aos nenos “a romper a vaixela con tal de non lavala”. Outros declararon que os seus temas (demonios, fantasmas, morte) eran inadecuados para a nenez. Observen a cuberta do libro e díganme se non aburre de tan inofensiva.

5. "Harry Potter y la piedra filosofal" de J. K. Rowling
Ainda que non o crean, en 2001, un grupo de fanáticos relixiosos déuse á tarefa de queimar exemplares desta novela porque, segundo ou seu criterio, inducía á xuventude á bruxaría e as prácticas satánicas. Si, a min tamén me dá risa o feito, e recórdame eses blogs cristiáns, enchidos de faltas ortográficas, en que se asegura que Hello Kitty é un monstro de Luzbel.

6. "El Lórax" do Dr Seuss
O ano pasado estreouse a adaptación cinematográfica. O libro, publicado en 1971, aborda o conflito da sociedade industrializada e a súa ameaza á harmonía da natureza. Por iso, en 1989, un distrito escolar de California vetouno por "criminalizar a industria forestal". O Dr Seuss escribiu un libro que fala do desequilibrio ambiental, crucificadeo!

7. "¿Donde está Wally?" de Martin Handford 
O peor dos colmos: a serie de Wally non é literatura senón un conxunto de libros de monitos, unha especie de xogo en que debemos encontrar o personaxe entre a multitude. Por iso é aínda máis difícil de crer que estes libros fosen retirados de certas bibliotecas de Michigan e Nova Iorque, por conter "cousas sucias nalgunhas páxinas". Resulta que nunha das láminas aparecía unha imaxe (case microscópica) dunha señora en topless na praia... Wally, o símbolo do sexo desenfreado de toda unha xeración.
Fonte: Rincón del Bibliotecario

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.