mércores, 28 de novembro de 2012

Culturgal 2012 | Unha cita coa cultura

Tedes unha cita coa cultura en Pontevedra

Botádelle un ollo ao fogar da cultura galega. Na web xa está dispoñible o mapa da feira, con todos os cuartos e entidades, e máis o programa de actividades. Tamén podedes descargar o folleto e o dossier e estudialo de vagar.. non tedes escusa para perdervos nada!

Na Feira atoparedes unha morea de propostas e entidades inspiradoras para o voso labor docente... mesmo hai unha xornada de difusión e formación sobre ferramentas TIC e multimedia nas aulas pensada especialmente para vós. Tedes toda a información neste documento. Reparade en que, se vos inscribides antes do 23 de novembro a través de fprofe, recibiredes un diploma acreditativo de 8 horas de formación. Investigade entre as entidades e profesionais inscritos e, se queredes reunirvos con alguén, avisádenos. Podemos axudarvos a contactar ou orientarvos sobre novidades interesantes. Só tedes que escribirnos a educativa@culturgal.com

Como chegar. Este ano, de novo, Culturgal ten un convenio de colaboración con Renfe, en virtude do cal todas as persoas que collan o tren para acudir á Feira das Industrias culturais poderán beneficiarse dun desconto do 30% no prezo do seu billete. Para facelo, só tedes que descargar e imprimir este documento. Cubrídeo e levádeo á vosa estación ou oficina de venda de referencia. Alí daranvos o billete co desconto establecido. Iso si, este desconto non é acumulable a ningunha outra oferta e os cambios e anulacións teñen a mesma consideración que os emitidos coa tarifa xeral. Podedes consultar os horarios e tarifas xerais na web de Renfe.


Tamén existen múltiples posibilidades para chegar a Pontevedra dende calquera outro punto de Galicia en bus interurbano. Resumímosvolas, cos seus horarios, aquí. Iso si, recomendámosvos que antes de iniciar a viaxe comprobedes que non hai cambios consultando directamente coas empresas que prestan o servizo. Todos os contactos están no documento. Contamos con vós. Recordade que a casa da cultura galega é a vosa casa. Vós tedes a chave.

Fonte: Culturgal

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.