luns, 12 de novembro de 2012

CONTO: Corre, corre cabaciña

Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido. 
Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués Ilustracións de André Letria
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006

Escoita o conto:

Video elaborado polo Departamento de animación de actividades
do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro (Lugo) e narrado por Rebeca Palmeiro Chao

Agora escoita a canción e sigue divertíndote.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.