xoves, 22 de novembro de 2012

CONTO: Chocolata


Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala.

Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión polos hábitos urbanos máis tópicos, actuais e recoñecibles para a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida.

A ilustración, con inspiración africana, é alegre e colorista; expresa con mestría diferentes perfís humanos, encarnados nos animais da selva, e reflicte o humor e optimismo da narración. Alén diso, Helga Bansch enriquece o relato con personaxes da súa creación, que conduce habilmente ao longo das páxinas, dándolle así un sentido máis profundo á viaxe de Chocolata, e que o lector deberá deducir da interpretación das imaxes.

Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valor daquilo que temos preto. 

En resumo, un álbum en que o texto e a ilustración xogan a complementarse de tal xeito que unha lectura sen imaxes nos evocaría unha historia diferente. 

Premio Internacional de Literatura Infantil 2007 da Fundación Espace Enfants. 
Texto de Marisa Núñez
Ilustracións de Helga Bansch
Colección O, OQO Editora, xuño 2006
 



Este é o novo traballo de Almudena Janeiro coeditado por PAI Música coa editorial OQO. Un libro CD-DVD ilustrado que mestura contos e música.

Un traballo pensado como un complemento didactico para incentivar a lectura, que vai dirixido a nenos e nenas entre 3 e 7 anos. O traballo inclúe CD coas cancións e un DVD cos videos e coas letras para cantar en formato "karaoke".

Un traballo sinxelo e directo que estamos seguro será a ledicia dos pequenos e os non tan pequenos. Como aperitivo podedes ver un dos video clip do traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.