venres, 2 de novembro de 2012

Biblioteca Pública de Kansas City

 
Quen non entraría nunha biblioteca que ten esta fachada como reclamo?...¡Dan ganas de somerxerse nos seus corredores e gozar dos seus libros!
 
É a biblioteca pública de Kansas City!

A Biblioteca Pública é unha institución clave da cidade norteamericana de Kansas, no Estado de Missouri. E a súa decoración exterior é un referente no deseño de edificios bibliotecarios que invitan a acudir a eles.

En 2004, na remodelación desta biblioteca, os seus deseñadores tiveron a brillante idea de decorar a fachada do aparcadoiro exterior cos lombos (xigantes, por suposto) de 22 das obras máis representativas da literatura universal, suxeridas primeiro polos lectores da mesma biblioteca de Kansas City, e logo seleccionadas polo equipo de dirección da biblioteca.

Os lombos dos libros, que miden aproximadamente 9 metros de alto por 3 de ancho, están fabricados co mesmo material co que se constrúen os valos dos anuncios publicitarios.

É unha mostra de orixinalidade e, sen dúbida, moi atractiva. Un exemplo a ter en conta por moitas bibliotecas, cuxo deseño non sempre suxire que a cidadanía as utilice con máis frecuencia.

Máis información en: http://www.kclibrary.org/
 
Fonte:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.