venres, 19 de outubro de 2012

"DIA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA 2012"

O próximo día 24 de outubro celebraráse  o “DIA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA”.

Cada ano este día vénse celebrando por iniciativa da Asociación española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, no ano 1997. Ese primeiro ano e ata o 2003 as celebracións realizáronse en Madrid, e foi a partir de 2004 cando xordeu a idea de celebrar este día en diferentes comunidades autónomas, dado que hai socios estendidos por toda a xeografía española. Así no 2004 celébrase en Toledo (Castela-A Mancha); no 2005 en León (Castela e León); no 2006 en Xaén (Andalucía); no 2007 en Teruel (Aragón); no 2008 en Santiago de Compostela (Galicia); no 2009 nas Palmas de Gran Canaria (Canarias); no 2010 en Mérida (Estremadura), no 2011 en Vitoria-Gasteiz (País Vasco); e este ano 2012 elixiuse a cidade de Alcalá de Henares (Madrid) para a efeméride, e co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte preparouse o cartel, ilustrado por Juan Ramón Alonso co pregón de José Mª Gutiérrez de la Torre, para a súa difusión entre as bibliotecas de toda España.

A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil está a preparar a celebración do Día da Biblioteca, coincidindo cos creadores, os editores e cantos difunden os bos libros en valorar a importancia da lectura na nosa sociedade, especialmente entre os nenos, nenas e mozos.


Os OBXECTIVOS da celebración deste día son: 
  1. Dar a coñecer á poboación a existencia das distintas bibliotecas públicas, escolares e hospitalarias, e informar sobre os recursos existentes e as súas diferentes posibilidades de uso. 
  2. Conseguir que os medios de comunicación divulguen a función que realizan as bibliotecas, as súas actividades e a súa colaboración con outros sectores tanto públicos como privados. 
  3. Render unha homenaxe a todos os bibliotecarios do país, en recoñecemento do seu esforzo, dedicación e motivación á lectura. 
  4. Fomentar actividades de creatividade, información, coñecemento e promoción da lectura.
  5. Impulsar proxectos nas bibliotecas para que estas sexan centros de aprendizaxe permanente, coa axuda do existente e as novas tecnoloxías. 
  6. Orientar e apoiar especialmente os servizos bibliotecarios que traballan con nenos, divulgando a variedade e calidade dos libros que axudan a tomar decisións persoais á hora de ler.
  7. Asesorar a pais, nais e mediadores na difícil tarefa de seleccionar libros infantís e xuvenís de calidade. 
  8. Ofrecer, de igual forma, a ilustración dos libros que achega unha aprendizaxe de lectura de imaxe, diferente do da narrativa e que, ás veces, é tan interesante ou máis que o propio texto narrativo. 
  9. Estimular dende as institucións bibliotecarias a narración oral, como punto de partida para unha posterior lectura persoal. 
  10. Contribuír á renovación de fondos bibliográficos para nenos e mozos dalgunhas institucións, mediante a doazón de fondos existentes na asociación achegadas por distintas editoriais. 


PREGÓN DEL DÍA DE LA BIBLIOTECA

24 DE OCTUBRE DE 2012

¡Venid, venid todos! Bebés y niños, chicos y chicas, jóvenes y adultos de todos los orígenes, de todas las edades y de toda condición. ¡Venid a la Biblioteca! Entrad en este inmenso y hermoso jardín, multicolor y polifónico, donde crecen las más hermosas flores de la cultura humana: todo lo que sabemos y todo lo que imaginamos los seres humanos, las crónicas y los sueños, las batallas y los carnavales, las fiestas y los duelos... todo está aquí recogido y bien clasificado en sus estanterías, accesibles para que vosotros disfrutéis del placer de la lectura.
...
Para seguir lendo o pregón clica AQUÍ.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.