domingo, 28 de outubro de 2012

Certame de narrativa curta


Nova edición do certame de narrativa curta do Concello de Lugo 
O primeiro premio está dotado con 1.500 euros e o segundo con 1.000 
 Enrique G. Souto 
Lugo 24 de outubro de 2012 22:18

O Concello de Lugo convoca unha nova edición, e van quince, do seu premio de narrativa curta, segundo anunciou esta mañá o concelleiro de Cultura, o nacionalista Antón Bao. O obxectivo deste certame é «fomentar creatividade e produción literaria en lingua galega». Hai tres premios: o primeiro de 1.500 euros; o segundo, de 1.000 e o teercero, de 500 euros. As bases polas que se rexerá esta edición do certame serán aprobadas nesta mesma semana. Os traballos poderanse presentar ata final de ano. A extensión máxima será de 36.000 carácteres.

Bases do certame 

Fonte: La Voz de Galicia - Concello de Lugo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.