mércores, 3 de abril de 2024

Contacontos e presentación do libro infantil "KLAD, O PAPAGAIO ADHESIVO" con Genma Pardo "GEMOLA" - DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos celebrando o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL o Venres 5 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello no que recibiremos a visita de GENMA PARDO "GEMOLA" co seu contacontos "KLAD, O PAPAGAIO ADHESIVO", actividade na que están convidados a participar o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; os usuarios da Asociación ASPAVI e o alumnado da Escola de Educación Infantil "A Galeriña" de Nespereira.


Nesta ocasión Genma Pardo "Gemola" traeranos un contacontos con xogos e cancións para sensibilizar sobre enfermidades infantís, en concreto sobre o cancro infantil, a través do seu conto infantil da súa autoría “KLAD, O PAPAGAIO ADHESIVO”, ilustrado por Eva Díaz Losada “EvaBlu”.
Sabías que nos corredores de Ikea acontecen cousas marabillosas e máxicas? Que si atopas un cadro, unha cadeira, unha boneca de trapo ou un adhesivo... poden cobrar vida? Iso foi o que lle pasou a Daniela. Unha nena que atopou a alguén especial neses corredores có que compartirá unha gran aventura...

Daniela é unha nena de cinco anos e medio con cancro que pasa longas tempadas no hospital, pero que cando pode irse a casa de vacacións unha das cousas que mais gústalle é ir a Ikea. E será precisamente nese centro comercial onde lle atope a el, a Klad, un papagaio adhesivo que moi pronto deixará de selo...
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

martes, 2 de abril de 2024

"APRENDO CON LEO. LEO E AS CORES" con Yolanda Rodríguez de TRÉMOLA TEATRO - Conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Empezamos o mes de Abril cunha excelente actividade para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL coa que a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén se suma aos actos que se organizarán en todo o mundo durante este mes para conmemorar este día que se celebra todos os anos o 2 de abril desque que o IBBY (International Board on Books for Young People) promoveu por primeira vez en 1967 esta conmemoración coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, e co fin de promoveer os bos libros infantís e xuvenis e a lectura entre os mais novos.


Para iso dentro do Programa de Animación á Lectura e Dinamización da Lingua Galega de 2024 este 2 de Abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- traemos a Pazos de Borbén á compañia TRÉMOLA TEATRO que nos traerá o seu espectáculo "LEO E AS CORES", que levará a cabo a actriz Yolanda Lorenzo Rodríguez.

En dúas sesións; a primeira a partir das 11:15 horas no Auditorio do Concello para todo o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI; e a segunda a partir das 13:00 horas na EEI "A Galeriña" de Nespereira para o seu alumnado.
A partir dunha colección de contacontos aprenderemos un montón de cousas con Leoo león máis curioso de toda a selva.

Un día, unha choiva de pompas quítalle ao Elefante Ante e a Tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda de devolverlle as cores aos seus amiguiños?
Animádevos a conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL participando en calquera das actividades que se realizan en bibliotecas, escolas e outras institucións do país e, sobre todo, animando aos mais novos a que lean polo menos 20 minutos cada día.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger